viernes, 14 de julio de 2017

RODRIGUEZ LÓPEZ, Antón (Antón Lopo)


Amo e excravo
acordan complexos mecanismos de excitación
e reordenan personalidades fraudulentas.
Gritan, e os seus gritos, son gritos de dor,
anque nada semellante á dor exista 
no último das súas bocas.
A dor pactada,
a dor que descanda os cárceres,
a dor que rompe a herencia das circunstancias,
a dor que borra as carexas maternas,
os preceptos do uso recto e mimético,
esa dor é unha espiral que desgarra a carne
coma un tirarrollas
e derriba espacios íntimos 
que ninguén pisou nunca e nunca intuiu.
Ti non es ti e sábelo.

(1993-1996)

Asexabades o xabarín desde as árbores
con escopetas de canos recortados.
Non era un xogo limpo:usabades petróleo
para confundirlle o olfato.

Desois, coas mans lustrosas
pero ainda inchadas
acarexçabades as vosas mulleres.

De: Pronomes

No hay comentarios:

Publicar un comentario