martes, 11 de abril de 2017

ÍNSUA LÓPEZ, Emilio Xosé

Emílio Xosé Ínsua (AELG)-1.jpg








NOTICIA DO IREMEDIÁBEL

Non sempre estarei contigo.

O cálido riso, o fervor das olladas,
a forza das ternuras
que tocan sen ferir os labios
non son para sempre.

Douchos para que o olvido
non sexa 
irremísibel.

Cólleos como un pobre herdo,
como o fío fráxil que nos une
no fragor de un devir de séculos
inmisericorde,
como o dezmo que pagamos gostosos
ao estrépito devorador
do viver.


AMOR

PROCURA a miña carne a túa carne

Íspese a miña boca de palabras
e dá renda solta a despaciosos bicos

Aboian na maré do desexo
mensaxes de pracer desbordadas

Os líquidos derreten as pavuras

Os labios fulminan os silencios.
                                                   De: Acontece ás veces a ternura





No hay comentarios:

Publicar un comentario