sábado, 16 de abril de 2016

GONZÁLEZ ALVAREZ, Montse


Resultado de imagen de Montse gonzalez alvarez

Montse nace en Lugo, como ela di " do barrio da Milagrosa", estudou Filoloxía en Santiago de Compostela. Chorimas Seriodias  é o seu primer poemario


http://radiolugo.info/chorimas-serodias/

ROSA E GRAAL

 Fomos comestos do diluvio do peito.
Fomos plica, rosa e Graal.
Reclusos dos terzos de axiomas incertos,
fomos.

Facemos presos nas vésperas
-de satén e de candeas-

Ficamos a desandar
-ás toas sen folgos-
e,coas costas á nordesía,
saldamos de novo
a alfándega e o pesar.

Mais, se novamente me vas amar,
vén de dogmas espido,
de censuras e leis.

Vén ceibe do antes e do onte,
sen cadeas de ingratos reproches,
sen ollos fitando de esguello...

Vén coas redes nos bicos,
cos bicos sollados.

Vén prendendo das mans unha nube.
Vén preso dos fieitos das beiras.



BRANCA LIÑA


Adoito reclinatorio,
pesadelos,
sombras,
diques de ficción.

De vagar,
van asentando os augurios,
un poñer o pé na branca
liña de cal.

Non sei se empurrar a aldraba,
crebar os gonzos,
e verter o que resta de min
-pingueiras de escuras cuncas-
no limiar do sosego.

De Chorimas Serodias





domingo, 10 de abril de 2016

DE REQUEIXO, Xohán (Johan)

A tenor do estudo da súa obra, parece que naceu  na segunda metade do século XIII. Sobre o lugar exacto do acontecemento non se ten certeza absoluta aínda que o patronímico do xograr  fai sospeitar  que a súa orixe está na parroquia de Santiago de Requeixo.




CANTIGA DE AMIGO

Fui eu, madr’ en romaria
     a faro con meu amigo
e venho del namorada
     por quanto falou  comigo
ca mi iurou que morria por mi;
 tal ben mi quería.

Leda venho da ermida 
   e d´esta vez leda serey,
ca faley  co meu amigo,
    o que sempre desejey;
ca mi iurou que morria por mi;
 tal ben mi queria.

D’ u m’ eu vi con meu amigo,
     vin leda, se Deus mi perdon,
ca nunca lhi cuyd’ a mentir
     por quanto m’ el diss’ entón;
ca mi iurou que morria por mi:
 tal ben mi queria.


Es la 894 del "Cancioneiro da Vaticana", Século XIII