viernes, 11 de diciembre de 2015

YEBRA DE ARES, Antonio Benito

Image result for antonio benito yebra de ares



A SOIDADE DA VELLIÑA

Aló, no cumio, xa tocando o ceo,
naquela montaña brava,
tiña a súa pequeña casiña
cuberta de pallas e xestas
unha dona solteira e velliña.

No caseto vivo, facía xogo
unha soia portiña e un ventanuco.

Aló, na perdida montaña
sen ningunha compaña,
paseaba a velliña soa.

Un día abriu o miradoiro
por mor de ver algún ser vivo
que alí acougara.

Pasou  un lobo, mirou de reollo,
chamouno, mais non entrou.

Logo apareceu un lucido raposo,
que erguendo o rabo liscou.

Unha lebre pasou a todo correr,
ía atizada por un famélico can.

Diante de tanta correría
a velliña pechou a fiestra.
¡Que máis dá!
¡A morte pasará!


LEMBRANZAS DUN CAN

Eu tiven un can
que choraba por min,
cando os meus ollos dormitaban
como se avisar quixeran.

Foi tan fel aquel can,
que aínda penso para min,
que sería ben deixar
un mandar.

¡Enterralo no meu panteón!
para que cando aló nos xuntemos,
dos bos tempos pasados
os dous nos lembremos.

De: Os sons da braña