jueves, 5 de noviembre de 2015

COSTA GÓMEZ , Xosé María



Image result for XOSE MARIA COSTA


TÓDOLOS días a luz roza
as follas das árbores
e as ponlas ondean coa brisa
os rumores turban 
o silencio
e xurden as cores e a alegría
tódolos días o serán
declina lentamente
e o brillo serodio da paisaxe
anuncia o aire da noite
e medra a escuridade.



SE sintes a distancia e a débil silueta do outono
e a dilatada presencia do crepúsculo
é coma un cálido
soño cheo de mornas sensacións
ou si adiviñas nas ruínas taciturnas
da luz unha promesa de calma e de soidade
sentirás que a asolagada plenitude doutros días
é xa o único camiño transitable.


De: A alba e o crepúsculo