miércoles, 15 de julio de 2015

VALCÁRCEL, Xesús Manuel



https://gl.wikipedia.org/wiki/Xes%C3%BAs_Manuel_Valc%C3%A1rcel



MINERAL NATURAL

Nacemos envoltos en leite 
de nai, con olor a sangue de muller,
a terra abrazada os nosos pes
e o voo dos paxaros ilumina  a
 nosa alma, o sol agasalla os 
nosos ollos e as estrelas da 
noite perfuman os nosos soños.

Somos auga, alento e forza
do vento,calor do lume, dos
camiños lama,espíritos dos
bosques, dos ríos e dos lagos,
somos árbores, arroios, fontes,
flores e fentos dos montes.

Somos auga, choiva,líquido
amniótico, carqueixas, luz 
e corpos celestes que se
 manteñen dentro da natureza..

Abrimos os ollos e estamos en 
contacto coa auga, que impregna 
todas as células do cosmos, río 
que flúe.A luz das estrelas
brilla a través de nós, estendemos
as mans e brillan as estrellas.

REVELACIÓN SENT

O SENT coñece o teu corazón.

Sabe o que pensas e o que fas,
a boa fe e a mala fe, coñece
os teus pensamentos e intencións!

Os que negan  a existencia do
SENT forman porte do SENT,
non hai nada fóra do SENT.

Os que se rebelan contra o
SENT escollen un camiño SENT.

Os que non veñen ao SENT non
van a ningures, arrástranse polas
sombras mentres non espertan.

Non te podes esconder do SENT,
non cabe odialo nin amalo,está
á marxe dos afectos humanos.


De : Casa do poder