miércoles, 5 de noviembre de 2014

ESTEVEZ LÓPEZ, José








 I

A heroicidade de esquecer,
de esquecernos
ou quizais o cansazo
de non falarnos,
do autismo
partisanos.

Desorientada respira,
escasa,
a calma pasteurizada.

¡Como me doen os ollos,
preñados de tristeza..!
¡Se ti souberas meu amor,
canto amor roto..!

Equivoquei as vacilacións
nos meses de insomnio.

Cada mañán pregúntome
que prezo pagarei
por este infatigable silencio...
¿Onde os víveres..?
Palpitante,

ASUBÍA A TRISTEZA.


....


ESCORREDOIRO SEXTO

E ímonos morrendo,
en cada vela.

En cada vela
que mercamos
para celebrar
os aniversarios.

...as trompetas que anuncian
aldrabas batendo nas idades...

E imos morrendo
meu amor.

Nas alegorías altivas.

Por non ser inmunes.

Sen corrección posible
a erosión do tránsito.

Licuámonos
en cada ano
que descende,
en cada ano
razzia
no
calendario,
no foro diario
raposo arterio,
salteador de pétalos...

...non espera por nós, non,
os anos, areas escorregadizas
(quizais quen espera desespera).

Non conceden prórrogas,
verdugos virtuosos
do inaplazable.

Contabilizan
impertérritos,
a deserción
do capital social
inicial,
a mudanza
na impaciencia,
a destitución
dos dentes do leite,
dos pantalóns curtos,
das saias
de crocodila
seducindo
bedeis
cun toque
de calcetíns..

(Fragmento de Maxisterio Lugo 73-76)