sábado, 22 de febrero de 2014

LÓPEZ VALCÁRCEL, Xulio


II
Na cidade das pombas mortas
a balazos
é doado atoparse con persoas
que viviron un tempo
non pasado.
É doado atoparse,
na cidade das pombas mortas
 a balazos,
chorros de sangue
zumegando das fontes
sin que naide se abraie.
I é que na cidade
das pombas mortas
abalazos,
o sangue non é azul,
non é marelo;
non é branco
nin siquera bermello.
O sangue é medo
soio medo,
na cidade das pombas mortas
a balazos.
Poden falar de amor
nos cafés,os homes,
dous minutos e catrocentos anos;
poden, ó fin,calquer tarde,
quitarse os zapatos
e non voltar a camiñar sobre da terra,
os homes que dende sempre
esistiron...
na cidade das pombas mortas;
a balazos!


De:Víspera do día