martes, 5 de noviembre de 2013

ARIAS LÓPEZ, Cayetano

 O zoqueiro de Santaballa.
A poesía de Cayetano é a  poesia popular ,  que vai de boca en boca , sen trabas  rítmicas ou métricas  ,poemas que  expresan as costumes e tamén  o sentir do pobo.



  
            !XURO QUE PILLACHES DUAS!

Viña da misa de tarde
O tio Xan d ´a Millora
y-o encontrar com Toño dille
o que veredes agora:
-¿D´o nde vés Anton Maria?
-Das troitas d´o Porto-río;
paséi a mañán n-a y-auga
e veño cheo de frío.
-Entón pillarías moitas.
-Douch´as ambas s´adiviñas.
-¡Xuro que pillaches duas!
trainas pr´acó que son miñas.
-Seique ch´o dix´o diablo
!tivo que selo de fixo!
!Pr´adiviñar de tal sorte
Um bo Santo non ch´o  dixo!

"El Heraldo de Villalba " , 6 julio-1.918

ATRASOS DUN GAITEIRO

O vintecinco de marzo
oub-unha festa em Tardade,
aló fun tocar a gaita
!Nosa señora mo pague!
Foi em lus, ben-o sabedes,
con bon sol, gracias a Dios;
oubo pan, viño e rosquillas
 e os fuegos queran bem bós.
Oubo unhas mozas muy guapas,
cal rosiñas na roseira,
que brincaban coma tolas
o bailar na muiñeira.
Cerca d´o poñer d´o sol,
ou seique xa se puñera
deill-un descansiñ-a gaita
e fume car-á taberna.
pidín un neto de viño
d´aquel que fose millor
e nesto tiran un fuego…
rompeum-o bombo e-o tambor.
O viño bebino todo...
!Ei! ¿que lle vamos facer?
naíde s´afrixa co-a perda,
qu´iso ben s´a compoñer.
Volvín tocar a muiñeira
Que bailaron os rapaces;
díxom-a gaita baixiño:
“Agora somos iguales,
eu viuda e ti viudo,
pro se te queres casar,
eu caso mañá mesmo
e gaita non cha faltar”.
E tiña razón a gaita
cand´estaba n´o meu lombo,
qu´antes d´as vintecatr-horas
xa tiña tambor e bombo.
!Ay , Santiña Tardade,
Pra gaita oubo remedeo,
eu, pra min , non pido mais
Que que me leves ó ceo!

"El Eco de Villalba" , 31 de mayo de 1912