domingo, 2 de diciembre de 2012

PATIÑO PÉREZ, Antón





SOMBRAS alongadas
surcan a cidade insomne
na travesía do enigma
prazas feitas de soedade
onde o fume inmóbil
condensa o tempo.

Arquitectura do lonxe
muros de silencio
os contornos precisos
da metafísica do baleiro
señardade das cousas
anatomía da saudade
que tem pintado Chirico.

EXPLOSIÓN R.P.

Lóstregos nos ollos
espirais e dioptrías
peneirando o mundo

O corpo transporta
a rebeldia que nace
da tatuaxe do medo.



MORTE segunda
do paxaro
A vida feble
coma un fio
Foxe das mans




De: Océano e silencio

miércoles, 17 de octubre de 2012

PEREIRAS LÓPEZ, Xesus






SABEDES o que é ir coa boca chea
de poesia, manando versos,
cara un lago que se enche de augas musicais?
Amades , de vagar, a  madeira? E os tellados antigos?
Coñecedes as aptitudes da pel?, e
vislumbrades, armados de ternura,
nos acenos do pracer, a loucura
que nos habita e nos sostén
cando todo o soño se derruba?

Virán visitarnos, estaremos idos.
Virán preguntarnos, será tarde.




PROCLAMO o verso máis inspirado
a palabra precisa do que sabe:
silencio isto é.Neste outono
no que entrego o corpo a un lentor
vexetal, onde macera a carne
adolescente, para non transgredir
a estación e restablécese
coa límpida cor das amanitas.

Ergo a vida contra a desfeita
que nos mandan ,
sen falar,
sen prostituír o ar,
a peneirada luz, nesta arboreda
ameazada conteño o berro.
Porque sempre , sempre a seiva
alí escondida me reclama.



De: Cantos da Seiva

VÁZQUEZ CEREIJO, José



Sobriño do poeta Luis Pimentel , coñecese  sobre todo  pola súa faceta como pintor.




Neste faiado de lousa e madeira
sinto os remuiños do mar que soa,
con tanto pranto xeme o catavento
que sen remedio a ferruxe castiga carpideira.
Anne e os nenos co anxel que voa
entre follas de vento, pétalos e tormenta.
Rosas bravas que medran na cheminea
chégame o olor a sal da túa illa
que entre vento , turba e uz navega.



O ar fia o inverno,
o ar tece reproches
en queixumes do espírito,
serraduras de leña mollada.
Neno de ollos tenros
que te soño en vela,
gotexa en tremor a voz
que fai silandeira a ausencia
facendo suspiro a noite.
Vespertina visita desexada,
non estarei cando amañeza,
será noutra amañecida
en burbullas de feitizo,
coma un ladrón de suspiros
sairei dos teus soños coa alba.

De: Sombras de luna azul-Estampas de invierno



martes, 9 de octubre de 2012

CABANA Darío Xohan




http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=DarCaban

CANCIÓN DO CÓNDOR IRACUNDO

Teso, nervudo e podente era o latexar das asas
do cóndor maravilloso que aló enriba peneiraba
cólera de vento irado eléctrico de tronada
no fusco-lusco do abrente que viña tralas montañas.
O paxaro silandeiro tiña esquencidas as cántigas
e o seu berro era tan rouco como o mar en maré alta.
No fusco-lusco do abrente telescopios nas olladas,
formigas escarabellos procesións de carricantas.
Abertas asas e ollos, ollos espidos de pálpebras,
batido polos ciclóns,polas xistras e as xeadas,
o cóndor maravilloso peneirándose na ialba.

CANTIGA DE LUGO CON VENTO VERDE

O vento verde sobre da pedra
engueta os dedos por entre a hedra.
O vento verde
que zoa e medra.

O vento  verde zoa na rúa,
bate as xanelas, abala a lúa.
O vento verde
que se ergue e brúa.

O vento verde que anda lixeiro
chouta as murallas de gris aceiro
o vento verde
meu compañeiro.






martes, 18 de septiembre de 2012

ARIAS REGO, Xiana

                                                   



A TODO o redondo 
chameille mambo.

Bailo sempre igual.

Pensei que o meu nome
tiña letras abondas.

Bailo sempre igual de mal.


.......


SEI QUÉ preciso que me digas.
Disme outra cousa.
Agora qué?

Algo se move, bate e contestas.
Non por nada, pero mira,
non me dou non perdido.

Camiñamos a mesma rúa en  sentido contrario.
Podemos tropezar e podemos non tropezar. 

De: Acusación




domingo, 16 de septiembre de 2012

VEREZ FUENTES, Engracia





FOLLA BRANCA

Día do vran ¡Que tristura
sinto no fondo da ialma!

Naide se lembra de min
esquencida n-esta fraga;
nin a ruxida do bris
abala as verdes ramallas,
nin rebulen os paxaros,
nin nos seixos peta a iauga
e ten de dormil-a musa
qu-outras veces m´acompaña...

Mete o sol por entr-as polas
coitelos de lume branca.
O craror cégame os ollos;
o lume abúrame a ialma

O DERRADEIRO
O meu pequeno Antón 
no seu casamento(14-8-72)

Criéi  a miña niñada:
oito bocas a chíar
pola bicada.

Foron voando, voando...;
oxe foise o derradeiro.
¡Ai,co meu niño valeiro!
Olléi pra él e tremando,
deixéi caila bicada
no carreiro.


De: "Seis escritores de Villalba :Escolma poética ".
Servicio Publicaciones Diputación Provincial.Lugo, 1986

miércoles, 12 de septiembre de 2012

REBOLEIRO GONZÁLEZ, Vicente

                                                   Reboleiro González, Vicente



A MEDA

A
meda
de pera
redonda fermosa
a meda das airas
dos risos das aigas
a meda de pera xeitosa
a meda do Miguel

A PRIMAVERA

Hoxe saín á procura da primavera,
desa primavera miña
que hai tempo ando buscando.

Percorrín os camiños floridos,
os montes preñados de cores
e sentín como renacía a vida
na terra, nas árbores,
nas beiras das estradas o do camiños.

Ollei para o ceo..
Caía a chuvia brillante
que enchoupaba de luz os meus soños.
Abril agromaba
no meu corazón.

De: Prenderei a lareira

jueves, 12 de julio de 2012

MATO VIZOSO, Manuel




Mato Vizoso é a mostra do autodidacta, sen mais  estudos que os da escola , a forza de ler chegou a ter unha gran cultura, deixando abondosas obras .Como poeta, na sua obra  predominan os poemas de corte lírico

http://es.wikipedia.org/wiki/Manuel_Mato_Vizoso


TESOURO (Conto)

Un vello un pouco apañado,
de fertuna regular,
vivía n-un bó lugar
preto d´ un fillo casado.
Fora o fillo seu estudiante,
pillo, !perdíase de vista!..
é andivo algún tempo á pista
dos cartos , pra votar guante.
 Y-atopou, nun furadiño
metidos, alguns en prata;
é  cando se desprocata
o vello, quedou sin niño.
 Maliciou quen ll´o pillara
y-él , que era un paisano cuco
díxolle ó fillo: Farruco,
no que vou palrar repara:
C´o meu pequeno tesouro,
que pra vosoutros ha ser ,
eu,  non sei com´ei facer .
¿Xuntando prata con ouro
botaráse algo a perder?
-Non señor, é ben sabido
que misturando ouro é prata
están coma leite é nata,
-N´ei dar teu consello á olvido.
O fillo , por ambicioso
volveu a prata ó  furado.
C´o tesouro recobrado
dixo o vello,  malicioso:
Aunque unha vez me colleron
n´han volver, xuro á unha  cruz.
A can vello n´hay tus tus.
¡Miñas artes me valeron!


"El Eco de Villalba ",  30 de agosto de 1909



LÁGRIMAS SECRETAS

Ardientes lágrimas son
esas lágrimas secretas
que, a oculta pena sujetas
las consume el corazón.
No son  gotas de rocío
que dan al campo frescura
y conservan la hermosura
de la flor, en el estío.
Porque en sombra encadenada
la angustia que el pecho siente,
en la sonrisa, que miente,
se presenta disfrazada.
Las lágrimas no consuelan
al que ¡infeliz! las devora
si pena en el pecho mora
que los labios no revelan.
Son, cual gusanos, que hieren
las plantas en sus raíces;
y es fruto de sus deslices
que, al fin , esas plantas mueren.
Y aunque se muestre lozano
el arbusto, así mordido,
mustio luego y consumido,
se quedará en polvo vano.
……
El corazón que guarece
dolor oculto en su seno
de mortífero veneno
con lenta angustia perece.

"El  Eco de Villalba ",  17 de novembro de 1.909


lunes, 9 de julio de 2012

RIVAS, Paco




Nace en Cervo-Lugo, profesor de Galego.Na década dos noventa exerce como asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra. Ten publicados numerosos artigos e estudos : Expresión e ditos populares da área mindoniense (1.992),  Oficios perdidos: léxico dos ferreiros (1.995),   Festas de Galicia (1.996), O concello nas aulas (1.999) Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (2.000).
En 1.999 publica o poemario  "Cantaruxos do meu mar e outras cantigas" .Os poemas que recollemos no blog pertencen ao seu poemario  "De ti perdidamente ".

Quero durmir no teu colo
que me acoches co mantelo,
que me faigas as ciligras
con rulos do teu cabelo.
Que os teus xeonllos me arrolen 
nun run-run maino e lixeiro,
e cando estea durmido
me despertes cos teus beizos.

***
Xa non quero estar sin ti,
porque a vida sen ti vaise,
porque o día faise noite,
porque a xente faise naide,
porque o ceo faise inferno,
porque a min queimame o aire.


jueves, 28 de junio de 2012

RODRIGUEZ BARRIO, Xavier

http://www.galiciadixital.com/pcd/Biblioteca/poesia/paso_de_poesia/escritores/xavier-rguez-barrios.html

DA LUZ INICIAL

Non sempre a claridade vén de antiga
celebrada en corpo por este astral escuro
tan denso laberíntico obsceno
e magma,
ou tan de cintura inocente
para o olvido.

Foi como de abrir un sulco no aire,
un horizonte sempre a mirar con ese incendio
en ollos sen cómaro de tempo nin  fronteira.

Foi como reter a inocencia aínda cando adiviñan a paisaxe 
os cervos curvados polos altos,
unha tarde recende de xanelas abertas,
e as palabras dicinco corazón  de primavera,
e o soño máis soñado,
e o tacto intenso da beleza
polo amplo confin dos teus espacios.

RETRATO PREFERENTE

Dun crepúsculo admirable nace a revelación,
e a certeza
dun presaxio de calmas xa perdidas,
e o inmenso rostro, os ollos
de tanta máscara e tanta sombra ser do fío de Ariadna
cando non houbo labirinto, senón un mar de resplandores,
un mar de resplandores.

domingo, 27 de mayo de 2012

PRIETO ROUCO, Carmen


Chamada  a Cantora da Terra Chá. Con dezasete anos publica  os primeiros poemas no Heraldo de Villalba, foi vocal honoraria da Unión Cidadán Anticaciquil de Villalba e membro honorario de sociedades do exilio no Centro Galego de Bos Aires  na Habana.

A  “UNIÓN CIDADÁN ANTICACIQUIL DE VILLALBA”


¡Unha pruma..! ¡O regalo máis preciado
que soñara meu cobizoso peito!
Pois, ¿sabedes?¡tres cousas van a xeito
n´ístre ouxeto para min sempre sagrado!

Vai pruma, bisturi e cincel armado:
cada un encoméndolle o seu feito,
y agardo cumprirano a satisfeito.
Pra dar o apetecido resultado.

¡Coa pruma , esquirbirei aquelas horas
de dozura...de calma...d´armunía...!
¡C´o cincel , gravarei, día por día
boas auciós que me fagan ou treitorias.!
¡E con o bisturí abrirei, tremantes,
Peitos ruís, croels entranas palpitantes!

Publicado en La Unión Ciudadana , ano II , nºV de xaneiro de 1.930.

ES HORA DE LA PAZ

Ligera golondrina, que a tan lejana tierra
marchas, cruzando a Europa con tu vuelo fugaz,
si en el camino oyeras los ayes de la guerra,
vuelve y diles que cesen, que es hora de paz.

Que es hora del descanso, que Europa ensangrentada
no quiere ya más guerra, no quiere luchar más,
pues sus valientes hijos en toda la jornada,
llevaron siempre el lema: luchando vencerás.

Y en premio al heroísmo, que tuvo el gran guerrero
al hogar sacrosanto tranquilo volverá,
pues siempre en la batalla mostrose león tan fiero,
que reconquistó el suelo que llevara otro ya.

El ha cumplido siempre cual un buen ciudadano,
y   a la querida Patria  de corazón amó,
y así al hogar hermoso puede volverse ufano,
donde soñaba amores cuando el clarín llamó.

Publicado en El Heraldo de Villalba , 7 de Noviembre de 1.918



domingo, 6 de mayo de 2012

SALGADO GARCÍA, Daniel



POESÍA E POLÍTICA

Hai tempo  xa de case todo e tamén do último verán, 
o que vivimos arrimados, con vertixe
de libro de historia, máis ben evitando calor e apertas,
serios porque o impoñen a luz e as condicións obxectivas
da nación, as cancións cos zapatos de Woody Guthrie
e o desprazamento das mellores mentes da xeración de noso,
definitivamente contrarios a expulsarmos nada que non sexan
adxectivos, gañados para refacermos un sitio onde estar,
tantas cousas que non nos acontecen na pel pero
que queiman, que estragan, que cercan, que abren,
sen posibilidade de que o asunto chegue a lugar diferente
nin de que diga que escolle outras praias máis agradecidas 
nin  de que hoxe e agora ceguemos ocos na palabra,
e abofé que non imos negar conforto, comodidade, morneza,
ás cafetarías, só que non se trata de anchura
senón de cómo respiramos, qué incorpora en nós o arreguizo,
quen acompaña os días, 
quen acompaña os días ou quen non escribe o poema político,
cando habemos entrar nas espléndidas cidades.


EXERCICIO DE OPTIMISMO

Imprescindíbel a razón emancipatoria.As caixas
rotas. Cómpre contar co sol no xardín e coa
velocidade da luz.Coa puntuación ortográfica
da sección metal.Todo este país so a hora das nove
en xuño.E unha man na caluga de que estás.


De: Os poemas de como se rompe todo



viernes, 27 de abril de 2012

GARCÍA HERMIDA, Antonio

Dende o punto de vista poético , este villalbés foi un home comprometido co seu tempo.Di Manuel María , no prólogo de "Charetas", que "García Hermida foi un poeta popular conscente do que escribía e para quen escribía".
Nos seus traballos  utilizou diversos seudónimos como Daponte, Ragrech, Garmicida , Xan d´a  Pontella, Don Travieso...




HORAS DE ENSUEÑO

Traspone el horizonte fúlgido globo de oro,
el sol entre celages de grana, sangre y fuego,
y escúchanse en la selva, cual misterioso coro,
rumores y murmullos que quedo mueren luego.
Las flores , poco a poco, cerrando van su broche,
poco a poco estínguese la clara luz del día,
avanzan negras sombras, las sombras de la noche
y el alma experimenta vaga melancolía.
Las aves ya retornan corriendo al bosque umbrío,
el infinito cruzan en raudo y fugaz vuelo,
las olas rugen fieras, el mar está bravío
y las estrellas brillan en puro y azul cielo..
Al Angelus ,sonora, repica una campana,
su voz hiende los aires y a la oración incita
y llegan tenues ecos de música lejana..
y el corazón despierta ... y el corazón se agita...
Se agita a las cadencias de música sublime,
de notas wagnerianas, de arpegios y de trinos
que en dulces ritmos llegan y a su sonido imprimen
acentos de querubes angélicos, divinos...
Sobre un pilón de mármol de rica y fresca fuente
el líquido murmulla en cantinela eterna;
doncel enamorado, con faz siempre sonriente
a su amor pinta con frase dulce y tierna..
En medio del espacio sus pálidos reflejos
el astro de la noche sobre la tierra envía
y el eco de romántico se pierde allá a lo lejos...
el eco de sus trovas y gratas melodías.
En sueños y quimeras mi mente forja en tanto
fantásticos proyectos, risueñas esperanzas;
rosadas ilusiones sugiéreme su canto
de dichas no soñadas, de amor y bienandanzas.
Pájaros,flores, trinos, murmullos y rumores,
canciones, dulces notas, galanes y doncellas,
belleza, poesía, románticos amores..,
de mi alma soñadora marcando van las huellas.

Publicado en"El Eco de Villalba " el 15 de Diciembre de 1909

MORRIÑA

Camiño como cobra de ferro,
que t´estendes a niebr´e e sol
fai qu´asiña te pase o meu corpo
xa qu´a-y -alma mil veces pasou.

Ind´ante foi com ´aquel que di,
onte foi cando dixen adios
os meus eidos , a miña casiña,
os pedazos do meu corazón.

¡Ay tristuras como m´apretades,
e que ben eu vivía sin vos!
n´o curruncho que chaman Villalba,
ond´hastr´o vento o bendice Dios.

Pasa tempo, que quero fuxir
d´este pobo que viv´en door,
d´este pobo que non  ten mañá,
que vive dos vicios d´os moitos:
¡Deste pobo esquecido de Dios!

Firmado como Xan d´a  Pontella aparece en "La Voz Villalbesa"en el nº 1 
del 16 de enero de 1921



viernes, 20 de abril de 2012

LEDO ANDIÓN, Margarita



A ESCALEIRA

Tiven medo, é certo.Eu era 
moi meniña :soio tiña tres anos.
Subía as escaleiras ás escuras.
Ó lonxe ouvía risas .E maxinaba
 albres que xogaban á baraxa,
ánimas teimosas , xentes vengativas
que agardaban naquel sitio 
tan raro no que había 
unha parede e outra e outra.
Eu entón falaba en voz moi outa:
ás vegadas chegaba a ter un tono
de mala educación, quero dicir 
que daba berros.Pero seguía 
subindo pois, ó que eu tiña medo ,
era a voltar a testa e ver
que o meu país estaba soio
no meio das escuras escaleiras.


HAY UN INTRE

Hay un intre  no demorar consciente,
no que deixamos fuxir ceibe 
a sorrisa.Entón, envolta escuramente
en claves, vai percorrendo
as vidas dos homes e dos insectos ,
das pedras e do infindo.
Cando volta prao berce  non é escura, 
nin clave dun pensar:
xa é un pouco home ,
pedra insecto e infindo.
E ainda hai quen pregunta
por que deixamos 
ceibe, nun intre unha sorrisa.


De: Parolar cun eu, cun intre , cun insecto





domingo, 15 de abril de 2012

GARCÍA FERNÁNDEZ, Xosé Lois

Xosé Lois García


EXPLOTACIÓN

Eu traballo,
tí traballas,
él traballa,
nós traballamos,
vós traballades.
Eles comen


CON WILLIAMS

Neste coarto cincento e tranquilo
durmo controlado
por un monstruoso reló
que aparenta ser decorativo
misturado coas numerosas figuras 
farrapentas e maquiavélicas,
golpea rebuscando verbas
que me impresionen
con fosca soniridade
tódalas mañás.

Cando remata de tocar
xa me atopo reproducindo
a miña comedia diaria:
lavándome, peiteándome,
correndo para o autobús.

Póñoma a producir autos
esporádicos que ao mesmo tempo 
Buñuel lle semellaría
unha choscada.

Este maldito reló
coa súa oratoria de cálculos
monopolizantes,
faime erguer cada nañán.

Máis cando o amigo Williams
chega ao seu coarto
o xusticieiro reló
mistura no seu ouvido
os laios da súa amante.

O amigo Williams cando mostra
faces de George Washington
o mesmo reló fica sorprendido.

Cando teñamos billetes
con rostros simpáticos 
como os de George Washington
o meu reló
hase de voltar máis compasivo.


SEN RAZÓN DE SER

Sen razón de ser camiñamos co mundo
porque o mundo
camiña con nós.

Moitos de nós usamos farrapos
e levamos poemas
precoces e abortados
porque os frigoríficos
non saben xear
 a metamorfosis
de longos poemas de protesta.

Os poetas carnosos, que, 
sen razón de ser ,
poñemos cancro nos versos,
dubidamos dos misterios,
da reforma conciliar
e creemos nos cadeleitos,
na aproximación 
dun vento horizontal.

De: Borralleira para sementar unha verba

.



sábado, 14 de abril de 2012

VERGARA VILARIÑO,Fiz







FONTE DA COVA

Esta Fonte da Cova garuleira
xigantesca vaxina de pena caliza,
en cada onda tráeme novas de ti,
e en cada golforón dime por que existo,
porque estou aquí,
xunto o vello muíño,
agardándote
espiollado.

Do corazón da rocha dura
xorde xelada e cristalina
nun enorme regueiro escumeante,
entonando cántigas aprendidas antano
nos mismos labios dos devanceiros mortos.

Ten un arrecendo a paxartos e labregos,
nacidos en lonxanas terras de ningures,
e chega ós meus beizos con sabor a ti,
noiva desexada
e  nunca tida
enteiramente.

Do fondo desta Fonte nemorosa,
templo catedralicio da miña nenez,
quixera verte xurdir algún día,
núa, abrazada ás ovas verdecentres,
como si foras unha sirea de auga doce
e acabaras de copular cun somorgullo.


II

Quero te-lo teu corpo adolescente
xunguido co meu corpo máis maduro
e senti-lo seu folgo dulce e puro
ó compás da careixa translucente.
Quero te-lo teu sangue, lava ardente,
mesclado co meu sangue medio escuro
e amainar deste xeito o cancro duro,
inimigo feroz, ferro candente.
Quero terte,  muller, en carne e óso
e lateres na miña pel tremante
o mesmiño que un xílgaro saudoso.
Quero terte lizgaira e gaiolante
a me cantares cántigas de noso
ata fretarme libre,mar adiante.


 De: Nos eidos da bremanza



domingo, 8 de abril de 2012

VARELA VAZQUEZ, Lorenzo




Xesús Lorenzo  Varela, fillo de emigrantes de Monterroso   naceu nun barco camiño da Habana , o 10 de agosto de  1.916,  pero  pasa  en Lugo a súa adolescencia e  mocidade  .Estudia o bacharelato no instituto, comenzando nesta cidade  a súas primeiras  andanzas literarias e políticas 

                                                          Foto de Hoacio Cóppola





                     


LUGO

Na fonte de ferro,
no coiro dos bois,
no espello do vento,
da navalla e da flor
No recén da herba,
no lobo e no can,
nos oillos da meiga,
na pedra do lar.
No refaixo dela,
na ponte do alén,
no andar das ovellas,
no ar do mencer.
No cabalo quente,
no viño mellor, 
no que non se perde
no meu corazón.
Na noite senlleira,
no liño tecido,
na madeira tenra
dos vellos castiros.

Na vida, na morte, no amor e no ren,
louvareite, Lugo de aceiro e de mel.

A RUI XORDO


Aramos sobre os mortos nesta terra
e o noso pan ten un sabor de ósos
familiares, irmáns.O monte berra
baixo o arado, e chámannos os nosos
desde a morte con voces coñecidas:
"nin marqueses, nin cregos , nin doutores
fixeron as ribeiras verdecidas
nin o guerreiro coiro dos tambores.

Os condados do polvo son dos mortos
e quen queira ser dono desta terra
que venga navegando aos nosos portos
os que pidan o froito sen labores,
se non morran de seu , morran de guerra,
e desta terra , así , serán señores"





jueves, 16 de febrero de 2012

VILLAR JANEIRO, Helena




Esta foto encantoume
Vaia foto máis chula pensei ....pois nada, copi-pego e xa está.




AS TÚAS  MANS FIXÉRONME XARDÍN

As túas mans fixéronme xardín,
xardín que se cubriu de buganvilias,
de xorros mornos,
de cantos e olores
tal como aconteceu no paraíso.

O bo xardín amante, sempre oculto e semisilencioso
quere ser para ti camelia e mirto
e ofrecerche benvidas de colores
danzando as percusións das carricantas,
dos grilos
e das ras.

Mentas me cobren
as pingotas de mel que deita a tarde
no violín do vento
agardo a que se espallen os perfumes
 que trae a noite
o termo do farol para que o apague a brisa
que como en beixo envían as montañas.

E vístese o xardín de estrelas e de lúa,
os peixes colorados bulíganme no ventre
e as ás das bolboretas en vértixe
búscanme os seos.

Cando te vas
adormece o xardín como un infante
amamantado polas lilas húmidas
e apousado na miña desnudez.

E canta paseniño
aniñando na rosa do meu corpo
o paxaro da alba.



E COMO CERVA NOVA SOÑO COAS ALBAS


A noite é longa e eu
apéome do soño pola escada de olores
que queda sobre o sono,
polos ecos do blues que tremece  nas blondas
brancas da lencería.

A chuvia que escribiu o seu adeus azul sobre o tellado
deixou tamén no aire
o fresco agurgullar das augas todas
entre todas as frondas.

A noite é longa e eu
báixome dos brincos da miña infancia
e como cerva nova soño menceres
na fonte onde lavaban camisas as belidas.

A noite é longa e eu
cruzo como amazona as primaveras
e coas papoulas e os trigais ondúlome
ás cóxegas do vento.

A noite é longa e eu
retorno á amante sombra da túa árbore
de novo sacra e ergueita cal ciprese.

¿Soubo Beethoven
que eu podía vivir cabo de ti
aquél mencer de trigo e paspallás
do seu Der "Wachtelschlang"
na veciñanza da alba?


De : Festa do corpo