martes, 17 de mayo de 2011

PEREIRO, Lois

Este ano o día das  Letras Galegas adicase ao poeta monfortino ,  o Bukowski da poesía galega.


Lois Pereiro por Vari Caramés.

            http://www.soydespana.com/Literatura/Poetas/Lois-Pereiro-fotobiografia-sonora.html

"Vou ser como Manuel Antonio, publicarei un lbro e morrerei novo" adiantoulle un día a Piedad  R. Cabo, a su moza.Non se equivocou , morreu con so 38 anos.
A obra de Lois non se pode entender sen Piedad, ela é a existencia do verso e o  seu concepto de amor vai más alá do tempo , de cando o amor se esgota.
" Non somos siameses pero ti tes a a miña alma e eu a túa."escribulle  nunha carta  meses antes de finar.


Piedad vai a Madrid para estudar periodismo  e canda ela vai Lois e ambos fan unha viaxe no InterRail seguindo as pisadas de Yeats, Joyce, Dylan Thomas, Flaubert, Baudelaire....


Con 23 anos cae víctima da intoxicación do aceite de colza e regresa  a Monforte.


Carta de Lois a Piedad :

 http://www.joseangelgonzalez.net/pdf/carta.pdf



O CORREDOR DE FONDO PERDE O ALENTO

 
Fuxindo dunha vida inzada de renuncias
da súa liturxia obesa e oleosa,
mediocre nos seus comunais fracasos,
bágoas de xelo, indignación contida
non deu chegado a tempo de exercer
a súa rebelión,
nin de levar a cabo
a súa vinganza definitiva
contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
pola inutilidade da súa propia vida
solitario, enfermo e fatigado,
a morte anticipouse e chegou antes.


CURIOSIDADE

Saber que está un á morte
e o corpo é unha paisaxe de batalla:
unha carnicería no cerebro.
¿Permitirías ti, amor deserto,
que nesta febre penitente abrise
a derradeira porta e a  pechase
detrás miña ,sonámbulo e impasible ,
ou porías o pé
entre ela e o destino?

De: Poesía última de amor e enfermidade